A empresa
A empresa Ataúdes Gallego, constitúese na localidade de Arenteiro, pertencente ao municipio de Piñor, na provincia de Ourense(España), centrando a súa actividade na fabricación e a comercialización de ataúdes.
Fundada fai máis de 30 anos por José Gallego, é recoñecida pola súa preocupación constante, en aras a conseguir o liderado dentro do sector de fabricación de arcas fúnebres e a dignificación do servizo funerario, do mercado no que se moven, proporcionando solidez e estabilidade..
Progresivamente foise producindo a incorporación dos seus fillos Víctor e Eduardo en postos de responsabilidade, centrados principalmente nas áreas de administración, diseño, programación e producción.
Dende a súa creación, a empresa orienta os seus obxectivos na dirección para conseguir que os ataúdes que fabrican, reúnan as máximas esixencias en canto a deseño, calidade e acabado final que demandan os seus clientes. Todo iso implica que a empresa atópese constantemente involucrada en proxectos de innovación e mellora de calidade, que lle permiten ser flexibles á hora de adaptar o seu sistema de fabricación.