Controis de calidade
Asimismo dispoñemos dun rigoroso control de calidade onde se revisan todas as pezas que compoñen o ataúd para ver que cumpran os requisitos desexados antes de pasar á seguinte fase ata a finalización do produto.
Estamos dotados de persoal especializado para as tarefas produtivas, aínda que é certo que a empresa caracterízase por unha composición de man de obra cualificada para o desempeño das mesmas, facendo fincapé sobre todo nas actividades relacionadas coa seguridade do traballador, así como cursos personalizados de prevención de riscos laborais, mantendo desta forma un importante activo intangible que nos permita desmarcarnos dos nosos competidores. O alto compoñente de stock empresarial co que se traballa normalmente implica un volume considerable de recursos afecto ao mesmo
Do mesmo modo, a utilización da capacidade instalada considérase plena, do mesmo xeito que o grado de especialización dos produtos obxecto de negociación. Nesta orde de cousas, e para poder facer fronte aos pedidos dos clientes, a empresa considerou como necesario dispoñer dun adecuado nivel de almacenamiento que permita fornecer ao cliente final o produto terminado. As canles de distribución utilizados por Ataúdes Galego preséntanse adecuados para o perfecto estado de conservación e chegada do produto terminado aos puntos de venda.